“As ideas non duran moito, hai que facer algo con elas.” S. RAMÓN Y CAJAL (1854-1934)


CONMEMORACIÓNS


MES DA CIENCIA EN GALEGO 2016



---------------------------------------------------------------------------------

A auga está no centro do desenvolvemento sostible e resulta fundamental 

para o desenvolvemento socio-económico, uns ecosistemas 

saudables e a supervivencia humana. A auga resulta vital á hora de reducir a carga 

mundial de enfermidades e para mellorar a saúde, o benestar e a produtividade 

das pobocións así como para a produción e a preservación dunha serie de beneficios e 

servizos dos que gozan as persoas. A auga tamén está no corazón da adaptación 

ao cambio climático, servindo de vínculo crucial entre o sistema climático, a 

sociedade humana e o medio ambiente.


A auga é un recurso limitado e insubstituible que é clave para o benestar humano

e só funciona como recurso renovable se está ben xestionado. Hoxe en día, 

máis de 1.700 millóns de persoas viven en concas fluviais nas que o seu uso supera 

a recarga natural, unha tendencia que indica que dous tercios da poboación 

mundial podería vivir en países con escaseza de auga para 2025. A auga pode supoñer

un serio desafío para o desenvolvemento sostible pero, xestionada de maneira 

eficiente e equitativa, a auga pode xogar un papel facilitador clave no fortalecemento 

da resiliencia dos sistemas sociais,económicos e ambientais á luz duns cambios 

rápidos e imprevisibles.


TODAS AS ACTIVIDADES DO MES DA CIENCIA EN GALEGO DO IES ANXEL FOLE 2014






CIENCIA EN GALEGO FEITA POR UN CIENTÍFICO GALEGO





Luis Liz Marzán, nado en Lugo e químico de formación, traballou en varios centros de investigación extranxeiros e, durante 15 anos, na Universidade de Vigo. Dende o ano 2012, desempeña o cargo de Director Científico do CIC BiomaGUNE (Centro de Investigación Cooperativa en Biomateriales) en San Sebastián.

Hoxe todos os alumnos de 1º de Bac disfrutaron do luxo de asistir a unha videoconferencia sobre "NANOMATERIAIS" do ilustre científico.

Celebrouse na Deputación no marco da celebracíon do Día da Ciencia en Galego. Tamén asistimos a unha exposición sobre sensores.
No seguinte video podes aprender algo máis sobre as investigacións que leva a cabo este científico.




MÁIS INFORMACIÓN: CIENCIA EN GALEGO

ACTIVIDADES DO DÍA DA ÁRBORE 2014


TODAS AS ACTIVIDADES DO MES DA CIENCIA EN GALEGO DO IES ANXEL FOLE 2013

EXPOSICIÓN DE MAQUETAS DE CIENCIA 

Unha vez máis, os alumnos de ESO demostran as súas habilidades científico-artísticas. Este ano, entre outras cousas, móstrannos as interioridades do ser humano, do cerebro e das células nerviosas que, máis que ningunha outra, contribúen a ser o que somos. 

Aí queda unha cita de Ramón y Cajal, un dos nosos Premios Nobel, para que reflexionedes sobre o moito que depende da vosa vontade o que sexades o día de mañá. Pero se seguides así , está claro que non teredes ningún problema.  

“Todo home pode ser, se o pretende, escultor do seu propio cerebro”.

Santiago Ramón y Cajal 



CIENCIA EN GALEGO 2013.

"O misterio é a cousa máis bonita que podemos experimentar. 

É a fonte do Arte e a Ciencia verdadeiros".  Albert Einstein.

Ao longo deste mes celebraremos diversas actividades para conmemorar o Día da Ciencia (e da Arte) en Galego.
A exposición que vedes a continuación foi realizada por alumnos de CMC de primeiro de BAC.

TRÍPTICO DA EXPOSICIÓN:



DÍA DA CIENCIA EN GALEGO 2012

"A ciencia é a alma da prosperidade das nacións e a fonte de vida de todo progreso". 

Louis Pasteur.


Este ano,  no IES ANXEL FOLE  celebramos unha Semana  da Ciencia en Galego cunha exposición de carteis e maquetas realizadas por alumnos de case todos os cursos do centro.